Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 28 de agosto de 2020 Páx. 34479

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de delegación de competencias do Concello de Agolada para desenvolver as facultades da liquidación previa á primeira matriculación do imposto sobre vehículos de tracción mecánica.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 31 de xullo de 2020, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a delegación de competencias que realizou o Concello de Agolada, por acordo do Pleno na sesión do 11 de marzo de 2020, para desenvolver as facultades da liquidación previa á primeira matriculación do imposto sobre vehículos de tracción mecánica.

A citada delegación realizaraa a Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos.

Pontevedra, 5 de agosto de 2020

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra

P.D. (Resolución presidencial 2020001852)

Santos Héctor Rodríguez Díaz

Deputado delegado da Área de Réxime Interior,

Economía, Facenda, Novas Tecnoloxías e Oral

José Luis Mato Rodríguez

Vicesecretario da Deputación Provincial de Pontevedra