Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 26 de agosto de 2020 Páx. 33897

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 56/2020).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 56/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sandra Castro Lamas contra Mutua Gallega, Kastiñeiriño de Hostelería, S.L., Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Instituto Nacional da Seguridade Social, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución do teor literal seguinte:

«Providencia da maxistrada xuíza

Paula Méndez Domínguez

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2020.

Dada conta, os anteriores escritos pola avogada Eva Monteoliva Díaz, representante legal de Ibermutua, mutua colaboradora da Seguridade Social número 274 e da avogada Paula Yebra-Pimentel Vilar, en nome e representación de Sandra Castro Lamas, únanse aos autos da súa razón, déase copia entre as partes e visto o estado das actuacións e co fin de determinar a contía da presente execución, acordo convocar as partes para a comparecencia de cuestións incidentais prevista no artigo 238 da Lei reguladora da xurisdición social e, consultada a Axenda de Sinalizacións deste xulgado pola letrada da Administración de xustiza, sinálase para tal efecto o próximo día 6 outubro de 2020, ás 12.15 horas, na sala de audiencias número 1 deste xulgado, sita na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, coas advertencias legais e facéndolles saber que deben de asistir cos medios de proba de que se intenten valer.

Sirva de citación a notificación da presente resolución ás partes comparecidas.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto da resolución recorrida.

Así o acorda e o asina SSª. Dou fe.

A xuíza  A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Kastiñeiriño de Hostelería, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza