Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 25 de agosto de 2020 Páx. 33639

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 77/2020).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 77/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jenny Alejandra Cabrera Gallego contra Cervecom Cervecería Santiago, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditaron as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza, Ana Maria Souto González.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2020.

Parte dispositiva:

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución da Sentenza 26/2020, do 10 de febreiro, ditada no procedemento PO 447/2017 a favor da parte executante, Jenny Alejandra Cabrera Gallego, fronte a Cervecom Cervecería Santiago, S.L. e Fogasa, parte executada, por importe de 9.754,81 euros en concepto de principal (7.511,32 euros en concepto de salarios, 2.043,49 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior, e 200 euros en concepto de honorarios de letrado), máis outros 975,48 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres (3) días hábiles seguintes ao da súa notificación, no que ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título, e a compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada. A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza, Marina Pilar García de Evan.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2020.

Parte dispositiva:

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previamente á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Cervecom Cervecería Santiago, S.L., dar audiencia previa á parte demandante Jenny Alejandra Cabrera Gallego e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de quince (15) días, para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo dos tres (3) días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS)».

E para que sirva de notificación en legal forma a Cervecom Cervecería Santiago, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza