Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 25 de agosto de 2020 Páx. 33703

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Burela (expediente IN407A 2020-11 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras, parcela U2, rúa Aller Ulloa, nº 9. 27003 Lugo.

Denominación: reforma e automatización do CT Edf. España (11.364).

Situación: concello de Burela.

Características técnicas:

– Reforma do CD (11.364) Edf. España, para unha potencia máxima admisible de 1.260 kVA e unha potencia instalada de 1.030 kVA, consistente en:

Obra civil:

– Instalar porta de acceso, realización de canles de cables, depósito de recollida de aceite, instalación de anteparos de protección e pintado de paredes, teito e chan.

Obra eléctrica:

– Instalación de seis novas celas de SF6 telemandadas, dúas de liña, dúas de interruptor e dúas de protección.

– Instalación de dous novos cadros de baixa tensión.

– Instalación de novas pontes de MT e BT.

– Modificación do circuíto de iluminación, emerxencia e terras.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

Conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 18 de agosto de 2020

A xefa territorial de Lugo
P.A. (Artigos 62.3 e 63.1 do Decreto 135/2017, do 28 de decembro)
Álvaro Rodríguez Vázquez
Xefe do Servizo de Administración Industrial