Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 24 de agosto de 2020 Páx. 33542

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 6 de agosto de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se lles comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos á revisión do esbozo do expediente 21/78 e cinco máis.

Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o xurado, na reunión celebrada o 17.9.2012, acordou solicitar ao Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia, susceptibles de tal adecuación.

En relación con isto, na sesión celebrada polo xurado provincial o día 27.7.2020, figuran os seguintes acordos:

– Monte Coedo, Uceira, Travesa, Veiga Seca, Valverde, Rial de Arriba e Rial de Abaixo (expediente 21/78), pertencente aos veciños da parroquia de Bolaño, no termo municipal de Castroverde. O 7.12.2018 tivo entrada un escrito presentado pola representante da comunidade, en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. Esta solicitude foi emendada o 26.2.2020. O 31.3.2020 o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 2018_102) para o monte Coedo, Uceira, Travesa, Veiga Seca, Valverde, Rial de Arriba e Rial de Abaixo, nos termos que no dito informe se describen, que queda cunha superficie de 107,5 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía e partindo da superficie e cartografía resultantes do deslindamento por avinza co monte Atrevida.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

– Monte Baños e Palleiros (expediente 3/99), pertencente aos veciños de Baños e Palleiros, da parroquia de Marcelle, no termo municipal de Monforte de Lemos. O 18.2.2019 tivo entrada un escrito presentado polo presidente da comunidade, en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. O 4.4.2020 o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 2019_9) para o monte Baños e Palleiros, nos termos que no dito informe se describen, que queda cunha superficie de 243,7 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

– Monte de Trasparga (expedientes 30/75 e 2/2017), pertencente aos veciños da parroquia de Trasparga, no termo municipal de Guitiriz. O 27.5.2019 tivo entrada escrito presentado polo presidente da comunidade, en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. O 17.4.2020 o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 2019_39) para o monte de Trasparga, nos termos que no dito informe se describen, que queda cunha superficie de 416,54 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

– Monte de Gundivós (expediente 123/79), pertencente aos veciños da parroquia de Gundivós, no termo municipal de Sober. O 21.9.2019, tivo entrada escrito presentado polo presidente da comunidade, en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. Esta solicitude foi emendada o 12.5.2020. O 22.5.2020 o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 2019_61) para o monte de Gundivós, nos termos que no dito informe se describen, que queda cunha superficie de 224,71 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

– Monte Queimada e Fonte Seixo (expedientes 145/77 e 15/2017), pertencente aos veciños da parroquia de Neiras, no termo municipal de Sober. O 15.5.2018 tivo entrada escrito presentado polo presidente da comunidade, en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. Esta solicitude foi emendada o 21.10.2019. O 18.3.2020 o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 2018_43) para o monte Queimada e Fonte Seixo, nos termos que no dito informe se describen, que queda cunha superficie de 271 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

– Monte de Guimarei (expediente 65/77), pertencente aos veciños da parroquia de Guimarei, no termo municipal de Baralla. O 6.2.2019 tivo entrada escrito presentado polo presidente da comunidade, en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. O 4.4.2020 o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 2019_7) para o monte de Guimarei, nos termos que no dito informe se describen, que queda cunha superficie de 283 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Contra estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun (1) mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous (2) meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 6 de agosto de 2020

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo