Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 24 de agosto de 2020 Páx. 33545

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 6 de agosto de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se lles comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos a deslindamentos entre montes veciñais en man común (expediente 1/75 e cinco máis).

Na sesión celebrada polo xurado o día 27.7.2020 figuran os seguintes acordos:

– Monte de Ferreiros (expediente 1/75), pertencente aos veciños de Ferreiros (agás Veneira de Roques), da parroquia de Ferreiros e monte de Saa (expediente 9/75), pertencente aos veciños da parroquia de Saa, ambos no termo municipal da Pobra do Brollón. O 6.2.2020 ten entrada un escrito cun acordo de deslindamento practicado por avinza entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado perante o Xulgado de Paz da Pobra do Brollón; achega acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 8.4.2020 emite un informe (núm. 2020_14) en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza, nos termos que se describen no dito informe. O monte de Ferreiros queda cunha superficie de 379 hectáreas, e o monte de Saa, cunha superficie de 1.302 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado por avinza e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– Monte Os Boedos (expediente 8/77), pertencente aos veciños da parroquia de Illán e monte Barrazoso e Fontefría (expediente 7/77), pertencente aos veciños da parroquia de Gaibor, ambos no termo municipal de Begonte. O 13.5.2019 ten entrada un escrito cun acordo de deslindamento practicado por avinza entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado perante o Xulgado de Paz de Begonte; achega acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 24.4.2020 emite un informe (núm. 2020_31) en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza, nos termos que se describen no dito informe. O monte Os Boedos queda cunha superficie de 311 hectáreas, e o monte Barrazoso e Fontefría, cunha superficie de 515 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado por avinza e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– Monte Coedo, Uceira, Travesa, Veiga Seca, Valverde, Rial de Arriba e Rial de Abaixo (expediente 21/78), pertencente aos veciños da parroquia de Bolaño e monte Atrevida (expediente 22/78), pertencente aos veciños de Frontoi e Rodinso, da parroquia de Bolaño, ambos no termo municipal de Castroverde. O 26.2.2020 ten entrada un escrito cun acordo de deslindamento practicado por avinza entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado perante o Xulgado de Paz de Castroverde; achega acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 31.3.2020 emite un informe (núm. 2018_103) en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza, nos termos que se describen no dito informe. O monte Coedo, Uceira, Travesa, Veiga Seca, Valverde, Rial de Arriba e Rial de Abaixo queda cunha superficie de 109,4 hectáreas, e o monte Atrevida, cunha superficie de 30,1 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento por avinza practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Contra estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 6 de agosto de 2020

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Lugo