Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 19 de agosto de 2020 Páx. 32955

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (SS 174/2014).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de seguridade social número 174/2014 deste xulgado do social se ditou:

«Auto.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2020.

Parte dispositiva:

Aclárase a resolución ditada nestes autos o día 8 de xuño de 2020 no sentido de que na parte dispositiva da sentenza debe dicir:

Que, estimando parcialmente a demanda interposta por Pablo Gómez Rodríguez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social; Mutua Gallega/actualmente Ibermutua; Mutua Universal Mugenat; Mutua Fremap; Atesvi, S.L., con citación do seu administrador concursal persoa xurídica sociedade profesional Torres Díaz, Sanjurjo y Barral, S.L.P.; Isalcor Valga, S.L., sendo citado en calidade de administrador concursal Javier López Romero e Carpintería Metálica Tecre, S.L., declárase o dereito do demandante a percibir a prestación por incapacidade permanente total para a profesión habitual derivada de accidente de traballo, con efectos económicos do 25 de novembro de 2013, conforme a base reguladora calculada en atención ao salario que correspondía ao demandante segundo o sinalado no fundamento xurídico cuarto desta sentenza e, en consecuencia, declaro a responsabilidade da empresa Isalcor Valga, S.L. por infracotización, con condena desta a aboar ao demandante as diferenzas entre a prestación debida conforme unha base reguladora de 1.507,45 euros/mes (55 % = 829,09 euros) e a percibida conforme unha base reguladora de 1.099,28 euros/mes (55 % = 604,60 euros), con dereito a melloras, revalorizacións e xuros que legalmente procedan. Declárase a responsabilidade solidaria de Carpintería Metálica Tecre, S.L. Todo isto sen prexuízo da obrigación de anticipo de Mutua Gallega e Mutua Fremap, nos respectivos casos. Declárase a responsabilidade subsidiaria de Atesvi, S.L. durante o tempo de vixencia da contrata (10 ao 28 de xuño de 2012), sen prexuízo da responsabilidade da Mutua Universal Mugenat. Todo isto sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do INSS/TXSS para o caso de insolvencia das anteriores.

No demais debe permanecer invariable a resolución ditada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, contra a cal non cabe recurso.

Así o acorda e asina a maxistrada Sandra María Iglesias Barral. Dou fe».

Para que sirva de notificación en legal forma a Isalcor Valga, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento. Dou fe.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza