Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 18 de agosto de 2020 Páx. 32869

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 25/2020).

ETX. Execución de títulos xudiciais 25/2020.

Procedemento de orixe: DSP. Despedimento/cesamentos en xeral 105/2019.

Sobre despedimento.

Demandante: Jesús Canicova Aboy.

Avogado: Luis Miguel Martínez Santos.

Demandados: Fogasa, Mecanizados Aneal, S.L.

Avogado/a: letrado/a de Fogasa.

Eu, Mª Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 25/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Canicoba Aboy contra a empresa Mecanizados Aneal, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditaron o Auto e o Decreto do 27 de xullo de 2020 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva:

Declárase extinguida con data da presente resolución a relación laboral que unía a Jesús Canicoba Aboy coa empresa Mecanizados Aneal, S.L. e condénase esta a que lle aboe ao executante a cantidade de 6.868,34 euros en concepto de indemnización e 29.705,26 euros en concepto de salarios de tramitación.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de reposición no prazo de tres días desde a súa notificación.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E a parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva

Co fin de dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir de pagamento a Mecanizados Aneal, S.L. pola cantidade reclamada de 36.573,60 euros en concepto de principal (6.868,34 € indemnización + 29.705,26 € salarios de tramitación), máis 3.657,36 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, e, se non paga no prazo de dez días, ingresándoo na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander, co número ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (concepto transferencia 5076 0000 64 0025 20), procederase ao embargo dos seus bens na medida suficiente para responder pola cantidade pola cal se despachou execución máis as custas desta.

– Requirir a Mecanizados Aneal, S.L. co fin de que no prazo de dez días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, de ser o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, no caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

– En virtude do disposto no artigo 551 da Lei de axuizamento civil (LAC), de aplicación supletoria, consúltese o Rexistro Público Concursal para os efectos previstos no artigo 5 bis, número 4, da Lei concursal, e únase o resultado ás actuacións.

Notifíqueselles ás partes e a Mecanizados Aneal, S.L. por medio de edictos no DOG e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer ante este órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para interpor recurso, na conta de consignacións do Xulgado do Social número 3 aberta en Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0025 20. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberase ingresar na conta número ES 55 0049 3569 9200 0500 1274, e no campo Concepto deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0025 20. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo Observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acordo e asino. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

Para que sirva de notificación a Mecanizados Aneal, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza