Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 18 de agosto de 2020 Páx. 32872

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 30/2019).

Declaración de insolvencia:

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 30/2019, por instancia de Ángel Manuel Padín Osorio contra a executada Andrea Silva Pérez, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 27.7.2020 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia parcial, por importe de 6.142,98 euros de principal, máis 615,69 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza