Non se puido levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 2019084TA-LU incoado na Xefatura Territorial de Lugo á persoa/entidade que se sinala no anexo.
De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, onde, se é o caso, lle facilitarán impresos normalizados para o pagamento da sanción, nos prazos establecidos. De non o facer así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.
A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2020
Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública
ANEXO
Nº de expediente: 2019084TA-LU.
Documento de identificación: 53307050L.
Último enderezo coñecido: rúa Poeta Cabanillas, 11, 27004 Lugo.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Tipificación: grave.
Sanción imposta: 601,00 €.