Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 17 de agosto de 2020 Páx. 32805

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 31 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada da solicitude número 38045, de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, interposto contra a Resolución do 29 de abril de 2020.

Intentada a notificación á persoa interesada que se especifica no anexo, da resolución do conselleiro de Sanidade do 10 de xullo de 2020, do recurso de alzada interposto pola interesada contra a resolución da solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas ditada pola xefa territorial da Consellería de Sanidade na Coruña o día 29 de abril de 2020, e non sendo posible a súa práctica, notifícaselle por medio deste anuncio co fin de que poida coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, a interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial, sita na rúa Durán Loriga, nº 3, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación á interesada en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, ponse en coñecemento da interesada que a resolución relacionada no anexo esgota a vía administrativa e poderá interpor recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

A Coruña, 31 de xullo de 2020

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de solicitude: 38045.

DNI/NIE /PAS: CE12651.

Data da resolución do recurso: 10 de xullo de 2020.