Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 17 de agosto de 2020 Páx. 32806

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 30 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunica a aprobación do acordo de concentración parcelaria da zona de San Bartolomeu de Berrande (Vilardevós, Ourense).

Comunícase a todos os interesados na concentración parcelaria da zona de San Bartolomeu de Berrande (Vilardevós, Ourense), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 247/2008, do 23 de outubro (DOG núm. 216, do 6 de novembro), o seguinte:

Primeiro. O 14 de xullo de 2020, o director xeral de Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de San Bartolomeu de Berrande (Vilardevós, Ourense).

Segundo. O acordo de concentración seralle notificado individualmente a cada un dos afectados e estará exposto ao público no Concello de Vilardevós e na zona. Os documentos que se poden examinar no citado concello refírense aos predios de substitución onde constan as situacións xurídicas derivadas das parcelas de procedencia, as fichas de atribucións, os planos e outros.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dentro do prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da recepción da notificación persoal ou da publicación substitutiva. Os recursos poderanse presentar na Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural en Ourense (Florentino L. Cuevillas, 4 e 6, baixo), nas oficinas centrais da consellería en Santiago de Compostela (San Caetano, s/n) ou en calquera das dependencias a que fai referencia a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os planos do acordo están accesibles na internet, na páxina web da Consellería do Medio Rural, no enderezo:

https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/concentracions-parcelarias-procesos

Ourense, 30 de xullo de 2020

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense