Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Venres, 14 de agosto de 2020 Páx. 32526

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 47/2020).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 47/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Crespo Valladares contra Bobocado Restauración, S.L. e Fogasa, se ditaron auto, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte, e dilixencia de ordenación:

Auto:

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2020.

Parte dispositiva:

Dispoño:

– Despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante José Manuel Crespo Valladares fronte a Bobocado Restauración, S.L. e Fogasa, parte executada.

– De conformidade co disposto no artigo 280 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS) e conforme solicitou na demanda executiva, a letrada da Administración de xustiza sinalará data para a vista do incidente.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interporá no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza. A letrada da Administración de xustiza

Dilixencia de ordenación:

Letrada da Administración de xustiza: María Iria Román Vidarte.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2020.

Tendo presentado o traballador José Manuel Crespo Valladares en que exixe o cumprimento polo empresario Bobocado Restauración, S.L. da obriga de readmisión, e unha vez despachado auto de execución do 10 de xuño de 2020, de conformidade co artigo 280 da LXS, acordo:

– Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que tenten valerse, e fixo o próximo día 27 de agosto de 2020, ás 10.55 horas, para a celebración da comparecencia na sala de audiencias número 1 deste xulgado, sita na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que tenten valerse.

De non asistir o traballador ou persoa que o represente, considerarase desistido da súa solicitude; se non o fixer o empresario ou o seu representante, celebrarase o acto sen a súa presenza.

Así mesmo, acordo a citación da executada Bobocado Restauración, S.L. por medio de correo certificado.

– Sirva de citación a notificación desta resolución ás partes comparecidas.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interporá no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación ante a letrada da Administración de xustiza que dita esta resolución, con expresión da infracción que ao xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza.

Para que sirva de notificación en legal forma a Bobocado Restauración, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza