Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Venres, 14 de agosto de 2020 Páx. 32528

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 217/2019).

Execución de títulos xudiciais 217/2019

Procedemento orixe: despedimento/cesamentos en xeral 116/2019

Sobre despedimento

Demandante: Natalia Trasende Rodríguez

Avogada: María Milagros Verde Crespo

Demandados: Fogasa, Juniors Servicios Integrales, S.L., Edificios Docentes de Santiago, S.L., Colegio Juniors, S.L., Fundacion Junior’s Caesga, S.L.

Avogado/a: letrado do Fogasa

Declaración de insolvencia

Eu, Mª Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña), fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 217/2019, por instancia de Natalia Trasande Rodríguez contra a executada Junior’s Servicios Integrales, S.L., Edificios Docentes de Santiago, S.L., Colegio Junior’s, S.L., Fundacion Junior’s Caesga, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse o día 2 de xuño de 2020 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total, por importe de 14.489,10 euros de principal, máis 940,13 euros en concepto de xuros de demora, máis 1.542,92 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza