Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Venres, 14 de agosto de 2020 Páx. 32529

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (DSP 279/2020).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Óscar López Maneiro contra Señalizaciones Norte, S.L., en reclamación por despedimento, rexistrado co número despedimento/cesamentos en xeral 279/2020, acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar Señalizaciones Norte, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 10.9.2020 ás 11.50 horas na planta segunda (oficina xudicial) edificio xulgados, rúa Berlín, para a celebración do acto de conciliación ante a letrada da Administración de xustiza e, en caso de non se chegar a avinza, o 10.9.2020 ás 12.00 horas, na planta baixa, sala 3, edificio rúa Berlín, para a celebración do acto de xuízo, ao cal pode comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que se tente, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Prevencións legais.

1º. A incomparecencia do demandado, debidamente citado, non impedirá a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo, que continuará sen necesidade de declarar a súa rebeldía (artigo 83.3 da LXS).

2º. Fáiselle saber que a parte demandante indicou que acudirá ao acto do xuízo con avogado para a súa defensa e/ou representación, o cal se lle comunica para os efectos oportunos.

3º. Debe asistir ao xuízo con todos os medios de proba de que se intente valer (artigo 82.3 da LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberá comparecer e responder o interrogatorio ou, no caso contrario, poderán considerarse recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con quen legalmente as represente e teña facultades para responder tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos, deberá traer ao xuízo a persoa coñecedora directa. Con tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que se deba someter ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

Poderán, así mesmo, solicitar, polo menos con cinco días de antelación á data do xuízo, aquelas probas que, debendo practicarse neste, requiran dilixencias de citación ou requirimento (artigo 90.3 da LXS).

4º. Advírteselle que a parte demandante solicitou como probas:

Logo de solicitarse o interrogatorio de parte e sendo a mesma persoa xurídica, débense facer advertencias que se conteñen no artigo 91.3 e 5 da LXS. Conforme dispón o dito precepto, o interrogatorio das persoas xurídicas privadas practicarase con quen legalmente as represente e teña facultades para responder tal interrogatorio. Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos, deberá traer ao xuízo a persoa coñecedora directa. Con tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que se deba someter ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade do devandito interrogatorio persoal.

A declaración das persoas que actuasen nos feitos litixiosos en nome do empresario, cando sexa persoa xurídica privada, baixo a responsabilidade deste, como administradores, xerentes ou directivos, soamente poderá acordarse dentro do interrogatorio da parte por cuxa conta tivesen actuado e en calidade de coñecedores persoais dos feitos, en substitución ou como complemento do interrogatorio do representante legal, salvo que, en función da natureza da súa intervención, nos feitos e posición dentro da estrutura empresarial, por non prestar xa servizos na empresa ou para evitar indefensión, o xuíz ou tribunal acorde a súa declaración como testemuñas.

O interrogatorio como demandado do legal representante de Señalizaciones Norte, S.L.

Para tal efecto, indícaselle que, se non comparece, se poderán ter por certos os feitos da demanda en que interviñese persoalmente e lle resultaren en todo ou en parte prexudiciais (artigo 91.2 da LXS).

A presentación no acto do xuízo dos seguintes documentos:

a) Contratos de traballo do demandante.

b) Nóminas desde o inicio da relación laboral ata o despedimento.

Advírteselle que se os citados documentos non se presentan no xuízo sen mediar causa xustificada, poderán estimarse probadas as alegacións da parte contraria en relación coa proba acordada (artigo 94.2 da LXS).

5º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a substanciación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 da LXS (artigo 155.5 parágrafo 1º da LAC) facéndolle saber que, en aplicación de tal mandado, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

6º. Tamén deberá comunicar, e antes da súa celebración, a existencia dalgunha causa legal que xustifique a suspensión dos actos de conciliación e/ou de xuízo a que é convocado (artigo 183 da LAC).

7º. As partes poderán formalizar conciliación en evitación do proceso por medio de comparecencia ante a oficina xudicial, sen esperar pola data de sinalización, así como someter a cuestión aos procedementos de mediación que puideren estar constituídos de acordo co disposto no artigo 63 desta lei, sen que iso supoña a suspensión, salvo que de común acordo o soliciten ambas as partes, xustificando a submisión á mediación e polo tempo máximo establecido no procedemento correspondente, que non poderá exceder de quince (15) días.

8º. Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Señalizaciones Norte, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e a súa colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza