Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Xoves, 13 de agosto de 2020 Páx. 32406

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lousame

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual número un do Plan xeral de ordenación municipal.

Por acordo do Pleno, do día 31 de xullo de 2020, aprobouse inicialmente a modificación puntual número un do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Lousame.

De conformidade co artigo 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo de dous (2) meses contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que formulen as alegacións que consideren pertinentes ou para a obtención de copias. Do mesmo xeito, estará á disposición na sede electrónica deste Concello (https://sede.lousame.es/opencms/gl/informacion/tablon/Noticia_Urbanismo_001.html).

Non procede a suspensión do outorgamento de licenzas, xa que a súa concesión non terá repercusión sobre a modificación puntual e non implicará ningunha imposibilidade de proceder á súa aprobación definitiva.

Lousame, 6 de agosto de 2020

Mª Teresa Villaverde Pais
Alcaldesa