Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Xoves, 13 de agosto de 2020 Páx. 32405

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de convocatoria e bases para a cobertura en propiedade dunha praza de técnico/a de servizos económicos.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 105, do 10 de xullo de 2020, publicáronse integramente as bases que deberán rexer a convocatoria para cobertura en propiedade dunha praza de técnico/a de servizos económicos (Resolución nº 1490/2020, do 6 de xullo).

As instancias de solicitude para tomar parte no correspondente proceso selectivo presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases, dirixidas ao alcalde presidente da corporación, no prazo de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta praza publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo (A Coruña).

Arteixo, 10 de xullo de 2020

Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente