Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Xoves, 13 de agosto de 2020 Páx. 32369

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 29 de xullo de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se lles notifican ás persoas interesadas as resolucións da solicitude de recoñecemento extraordinario do grao I do sistema de carreira profesional devoltas polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu domicilio ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución da súa solicitude de recoñecemento extraordinario do grao I do sistema de carreira profesional.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Subdirección Xeral de Desenvolvemento e Avaliación Profesional da Consellería de Facenda, sitas na rúa Pastoriza, 8, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución de referencia as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte á súa notificación, de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou interpoñer demanda ante a xurisdición social no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 69 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

DNI/NIF/NIE

Acto notificado

32812724G

Resolución

36175503E

Resolución

53302465B

Resolución

32437391P

Resolución

02610826G

Resolución

07839852A

Resolución

35256906E

Resolución

33240212Z

Resolución

36039009X

Resolución

36039719F

Resolución

35323834C

Resolución