Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Xoves, 13 de agosto de 2020 Páx. 32371

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 29 de xullo de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se lle notifica á persoa interesada a resolución da solicitude de recoñecemento extraordinario do grao I do sistema de carreira profesional devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu domicilio ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución da súa solicitude de recoñecemento extraordinario do grao I do sistema de carreira profesional.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da Subdirección Xeral de Desenvolvemento e Avaliación Profesional da Consellería de Facenda, sitas na rúa Pastoriza, 8, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución de referencia poderá a persoa interesada interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Facenda no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

DNI/NIF/NIE

Acto notificado

76312232A

Resolución