Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Xoves, 13 de agosto de 2020 Páx. 32368

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 11/2020).

María Iría Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 11/2020, por instancia de José Luis Corbal Ramos, contra a executada María Dolores Ferreiro Varela, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 21 de xullo de 2020, decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total, por importe de 5.695,32 euros en concepto de principal, máis 1.017,35 euros en concepto de xuros de mora do artigo 29.3 euros, máis 671,27 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e costas, insolvencia que se entenderá, para todos os efectos, como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza