Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 11 de agosto de 2020 Páx. 31943

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle de agregación de parcelas correspondente aos números 18 e 20 da rúa de San Froilán.

A Xunta de Goberno local, en sesión que tivo lugar o día 25.6.2020, aprobou inicialmente o estudo de detalle de agregación de parcelas correspondente aos números 18 e 20 da rúa de San Froilán (unidades edificatorias 130109 e 130110 do Plan especial de protección, rehabilitación e reforma interior do recinto amurallado de Lugo e a súa zona de influencia, Pepri), formulado por Manuel Francisco Gómez Álvarez, representado por José Manuel López Valiño e redactado polo arquitecto José Manuel López Valiño.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes, durante o cal poderá ser examinado e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.

O contido íntegro do documento aprobado poderá consultarse no seguinte enderezo electrónico:

– http://concellodelugo.gal/gl/actuacions/normativa-urbanistica.

Para calquera consulta relativa ao expediente administrativo ou aclaración poderán dirixirse ao Servizo de Urbanismo deste concello (rolda da Muralla, nº 197).

Lugo, 10 de xullo de 2020

A alcaldesa
P.D. (Decreto número 19005695)
Miguel Ángel Couto Alonso
Concelleiro delegado de Urbanismo Sostible