Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 11 de agosto de 2020 Páx. 31944

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do inicio do prazo de presentación de solicitudes para os procesos selectivos da oferta de emprego público dos anos 2017, 2018 e 2019.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra do 7 de xullo de 2020 publicáronse as bases xerais dos procesos selectivos derivados da execución da oferta de emprego público correspondente aos anos 2017, 2018 e 2019, e as específicas das prazas do Servizo de Extinción de Incendios (bombeiro, condutor-bombeiro e sarxento) e, as prazas do corpo da policía local (inspector e policía) incluídas nesta primeira fase da convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza o anuncio de la convocatoria no Boletín Oficial del Estado para persoal funcionario, sexa pola quenda libre ou por promoción interna, e laboral pola quenda libre, e anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da provincia, para persoal laboral pola quenda de promoción interna.

Os sucesivos anuncios referentes a estas convocatorias unicamente se publicarán no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de anuncios da corporación, xuntamente coa páxina web municipal, www.vigo.org

Vigo, 13 de xullo de 2020

(Delegación competencial polos decretos do 18.6.2019, 26.6.2019 e 2.9.2019
e acordos da Xunta de Goberno Local do 20.6.2019, 4.7.2019 e 5.9.2019)
Elena Espinosa Mangana
Tenente de alcalde e concelleira delegada da Área de Empresa,
Economía, Seguridade e Organización Municipal