Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 11 de agosto de 2020 Páx. 31942

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 28 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador MON-LU-0037/2018-IO.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio para ser notificada por comparecencia.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Servizo de Xestión Forestal, situadas na rúa San Lázaro, s/n, 1º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2020

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal
P.D. (Resolución do 9.7.2020)
Jacobo Aboal Viñas
Subdirector xeral de Recursos Forestais

ANEXO

Expediente: MON-LU-0037/2018-IO.

Interesado: 47388769Y.

Acto de notificación: resolución de recurso de alzada.