Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Luns, 10 de agosto de 2020 Páx. 31764

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 21 de xullo de 2020, do Servizo de Informes e Recursos, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente PO-01942-O-2019 e un máis).

A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte ditou a resolución dos expedientes sancionadores número PO-01942-O-2019 e un máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmanse que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas en praza de Europa, 5A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2020

María Inmaculada Carril Barco
Xefa do Servizo de Informes e Recursos

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF Persoa sancionada

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto

cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

PO-01942-O-2019

5938-IG

Y4982720Z

O exceso igual ou superior ao 15 por cento e inferior ao 25 por cento sobre a m.m.a. total en vehículos con m.m.a. ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 15 %.

29.11.2018; 18.36.00: N-550:153,6

Art. 141.2 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

PO-02046-O-2019

8523-FLC

52451930Q

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

11.12.2018; 14.03.00; AP-9 137,5

Art. 140.1 LOTT Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT Art. 143.1 LOTT

801 euros