Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Luns, 10 de agosto de 2020 Páx. 31647

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 108/2020, do 30 de xullo, polo que se aproba o cambio de titularidade, a prol do Concello de Nigrán, da estrada PO-333 entre os puntos quilométricos 0+000 e 1+110 e os puntos quilométricos 1+200 e 1+760.

Segundo o teor do artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados mediante decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O Concello de Nigrán solicita á Axencia Galega de Infraestruturas o cambio de titularidade da estrada autonómica PO-333, denominada rúa Otero Pedrayo e rúa do Mariñeiro, cunha lonxitude de 1.750 metros, a cal discorre na súa totalidade polo municipio de Nigrán. Ten o seu inicio na intersección que conflúe coas estradas PO-332 e PO-552 e remata na intersección coa avenida Tomás Mirabella.

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo co informe emitido polos servizos competentes, conclúe que estrada PO-333 posúe un marcado carácter urbano e carece de funcionalidade dentro da Raega, polo que a súa transferencia a prol do Concello garantirá unha xestión coherente e eficiente da rede; así mesmo, considera que a intersección da estrada PO-333 coa estrada PO-325 debe seguir sendo de titularidade autonómica; polo tanto, formula a proposta favorable á transferencia de titularidade do treito que se define no artigo 1.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta de xullo de dous mil vinte,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello de Nigrán de:

Clave

Denominación

PQi

Coordenadas UTM

(ETRS89)

PQf

Coordenadas UTM

(ETRS89)

PO-333

Rúa Otero Pedrayo

0

X=516.014

Y=4.665.982

0

X=515.071 Y=4.665.827

Rúa do Mariñeiro

0

0

0

X=514.540

Y=4.665.795

Artigo 2

En aplicación dos puntos 4 e 6 do artigo 10 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Nigrán deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír o cambio de titularidade a que se refire este decreto.

Artigo 3

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous (2) meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Artigo 4

Correspóndenlle ao Concello de Nigrán, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación das vías, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular das estradas.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trinta de xullo de dous mil vinte

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade