Advertido erro na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 137, do 10 de xullo, efectúase a oportuna rectificación, dado que ten que haber coincidencia entre o regulado no artigo 4.1. segundo parágrafo e o indicado por erro no anexo III A, polo que queda como segue:
No anexo III A, onde di: «4. Non ter recibido nin solicitado axudas para a paralización temporal que abranga o período entre o 14 de marzo de 2020 e o 15 de xuño de 2020, ambos os dous incluídos», debe dicir: «4. Non ter recibido nin solicitado axudas para a paralización temporal que abranga o período entre o 14 de marzo de 2020 e o 15 de maio de 2020, ambos os dous incluídos».
Esta corrección non supón modificación do prazo de presentación de solicitudes.