Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Luns, 10 de agosto de 2020 Páx. 31795

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 20 de xullo de 2020 pola que se notifica resolución de procedemento para a declaración de abandono da embarcación Nécora, varada no porto de Ribeira.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE número 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Juan Rafael Maneiro Piñeiro, con DNI ***8024**, e a Nancy Stella Victoria Álvarez, con DNI ***9597**, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, o Acordo do 17 de xuño de 2020, da Presidencia da entidade pública Portos de Galicia, que declara en situación de abandono a embarcación da cal son copropietarios, de nome Nécora e folio 3ª-VILL-3-9714, varada no porto de Ribeira, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A resolución emítese por atoparse a embarcación varada sen actividade nin mantemento ningún na rampla varadoiro do porto de Ribeira e sen aboar taxas, desde que foi reflotada por persoal de Portos de Galicia tras o seu afundimento en xaneiro de 2020, con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro (DOG número 236, do 14 de decembro), de portos de Galicia, e unha vez que non existe constancia da presentación de alegacións contra o acordo de iniciación do procedemento.

De acordo coa normativa que se cita, e a través dos medios previstos na Lei 5/2011, (DOG número 203, do 24 de outubro), do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, Portos de Galicia vai proceder á venda do buque, e de resultar esta falida, ao seu despezamento e traslado a vertedoiro autorizado.

Todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que se deben realizar sobre o buque en función do que resulte do exame sobre o seu estado e da súa peritación serán pola conta do propietario.

A presidenta de Portos de Galicia emite a presente resolución, en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, letras a) e l), da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

Contra a presente resolución que pon fin á vía administrativa e é executiva poderase interpor recurso contencioso-administrativo, nun prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela que corresponda.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2020

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia