Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Luns, 10 de agosto de 2020 Páx. 31797

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 20 de xullo de 2020 pola que se notifica acordo de inicio de procedemento para a declaración de abandono da embarcación Rey Novo, no porto de Ribeira.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE número 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Ángel Rey Parada, con DNI ***7967**, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, o Acordo do 19 de xuño de 2020, da Presidencia da entidade pública Portos de Galicia, que inicia procedemento para a declaración de abandono da embarcación, de nome Rey Novo e folio 3ª-VILL-1-4390, amarrada no porto de Ribeira, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O acordo emítese por atoparse a embarcación amarrada no porto de Ribeira en estado de abandono sen actividade nin mantemento ningún desde hai máis dun ano e sen aboar taxas, con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro (DOG número 236, do 14 de decembro), de portos de Galicia.

O órgano competente para a resolución deste procedemento é a presidenta de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, letras a) e l), da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

A instrución do procedemento recae en Jesús Javier Fernández Barro, xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, sendo o seu réxime de recusación o consignado no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro (BOE número 236, do 2 de outubro), de réxime xurídico do sector público.

Outórgase ao propietario da embarcación un prazo máximo de dez (10) días para formular alegacións.

Advírtese que, de acordo coa normativa máis arriba citada, chegado o termo de declarar ao buque abandonado, este pasará a ser propiedade de Portos de Galicia, o que non impedirá que todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que se deben realizar sobre o buque sexan pola conta do anterior propietario.

Para o seu exame, o expediente atópase nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2020

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia