Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 6 de agosto de 2020 Páx. 31377

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3944/2019).

Eu, María Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza e da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no recurso de suplicación 3944/19, seguido nesta sala por instancia de Helder Artur Teixeira Pinto contra Canteiras Oya, S.L., Granitos de Atios, S.A., representante legal Jorge Gabriel Philippon de Arriba, en representación de Belypa Construcciones, S.L., Generali España de Seguros y Reaseguros, Maximino Fernández Vázquez, Rocas Graníticas Gallegas, S.A., Miner Granisa, S.A., Axa Seguros Generales, S.A. e Jorge Gabriel Phillippon de Arriba, sobre outros dereitos seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza Sra. Barrio Calle.

A Coruña, 16 de xullo de 2020.

O anterior escrito, subscrito polo letrado Sr. Briales de Porcioles en nome e representación de Helder Artur Teixeira Pinto, únese ao recurso correspondente.

Considérase interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala.

Ao outrosí digo, téñense por efectuadas as manifestacións contidas nel e, como xa está acordado, expídese testemuño da sentenza ditada pola Sala no RSU 1821/16, con expresión da súa firmeza, que se une á citada peza.

Emprázanse as demais partes para que comparezan, mediante escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez (10) días, para o cal se expedirá o correspondente edicto ao DOG para o emprazamento das empresas que se encontran en ignorado paradoiro.

Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 4 de Vigo que se recorreu en casación para unificación de doutrina contra a resolución desta sala.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma ás empresas Belypa Construcciones, S.L. e Rocas Graníticas Gallegas, S.A., actualmente en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtense os destinatarios de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de xullo de 2020