Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 6 de agosto de 2020 Páx. 31379

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 404/2019).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 404/2019 deste xulgado do social se ditou, con data do 15.7.2020, sentenza contra a cal non cabe recurso, facéndolles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da devandita resolución na Secretaría do órgano xudicial.

E para que lle sirva de notificación en forma legal a Sergio Rifón Raposo, en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza