Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 6 de agosto de 2020 Páx. 31386

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (567/2019).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 567/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Pisco Suárez contra Áncora Hispania, S.L., se ditou a seguinte resolución:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2020.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, logo de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 567/2019, en que foron parte, como demandante María Pisco Suárez, asistida polo graduado social Sr. Castro Martínez e, como demandado/s, a empresa Áncora Hispania, S.L., con citación do Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, malia a súa citación en legal forma, sobre despedimento, pronunciou esta sentenza, en nome do rei,

Fallo que estimando a demanda formulada por María Pisco Suárez fronte á empresa Áncora Hispania, S.L., declaro a improcedencia do seu despedimento o 1.7.2019 e condeno a demandada a que, á súa opción, que deberá exercer no prazo de cinco (5) días desde a notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante a letrada da Administración de xustiza deste xulgado do social, proceda: a) á readmisión da parte demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento e ao aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data de efectos do despedimento (1.7.2019) ata que a readmisión teña lugar, a razón de 2,87 euros diarios; b) ou ben, a aboarlle unha indemnización por importe de 2.072,18 euros.

Todo iso sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do Fogasa, se é o caso.

E para que sirva de notificación en legal forma a Áncora Hispania, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza