Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 6 de agosto de 2020 Páx. 31388

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 3 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Villacela, S.L., para unha explotación avícola destinada á ceba de 51.074 pavos, situada nas Lamelas-Ousá, no Concello de Friol (expediente 2019-IPPC-M-115).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro) regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro) regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, sométese a información pública, durante un período de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

– Memoria para revisión da autorización ambiental integrada dunha explotación avícola.

– Promotora: Villacela, S.L.

– Situación: As Lamelas-Ousá-Friol-Lugo.

Para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que xulgue convenientes.

O documento estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/→medio ambiente e sostibilidade→prevención e control de actividades→autorización ambiental integrada→proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2019-IPPC-M-115.

Núm. da autorización ambiental integrada: 2016-IPPC-49-311.

Categoría principal da actividade: anexo I, categoría 9.3.a) do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.

Titular: Villacela, S.L.

NIF: B27498195.

Localización da instalación: As Lamelas-Ousá, s/n, 27156 Friol (Lugo). Un punto de localización da explotación avícola é o definido polas coordenadas UTM (FUSO 29, DATUM ETRS89): X: 602140, Y: 4769421.

Actividade principal: explotación avícola de pavos.

Descrición: a explotación constitúe un núcleo de 3 naves (naves 1, 2, 3 A-B), con capacidade para 51.074 prazas para pavos, unha esterqueira cuberta, silos de almacenamento de penso, un contedor de cadáveres, depósitos de propano, almacéns, un grupo electróxeno e peche perimétrico da explotación.

O ciclo de produción comeza coa chegada dos paviños dun día. Teñen lugar un total de 2,5 ciclos de produción por ano aproximadamente. O sacrificio das femias realízase cando acadan 7,5 kg de peso sobre os 90 días e o dos machos con 12 kg sobre os 120 días, cando son enviados ao matadoiro.

Logo de cada ciclo produtivo realízase o baleiro sanitario de aproximadamente 10-15 días, durante o cal se realiza a limpeza e desinfección das instalacións e dos equipamentos.

O esterco producido na explotación será valorizado en parcelas agrícolas. Para o almacenamento do esterco producido, a explotación conta cunha esterqueira de formigón impermeable cuberta.

Verteduras: a auga residual do inodoro envíase a un tanque séptico, con filtro biolóxico, antes de descargarse no dominio público por infiltración no solo. As augas de limpeza das naves envíanse a un pozo hermético sen descarga nin infiltración, que se baleira cada seis meses e é xestionado, xunto co esterco xerado na explotación, como fertilizante. A auga de chuvia non se canaliza, verténdose directamente ao medio.