Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 5 de agosto de 2020 Páx. 31196

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 28 de xullo de 2020 pola que se publica a redistribución e a ampliación do crédito da Orde do 12 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para investimentos produtivos, incremento da eficiencia enerxética e fomento da reconversión das empresas acuícolas a fontes de enerxía renovables, e para a obtención de servizos de asesoramento de carácter técnico, científico, xurídico, ambiental ou económico no ámbito da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se procede á súa convocatoria para o ano 2020, tramitado como expediente anticipado de gasto (código de procedemento PE205F).

BDNS (Identif:): 487248.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da orde de ampliación de crédito cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións
(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Redistribución do crédito

1. Modifícase o crédito destinado ás axudas convocadas na Orde do 12 de decembro de 2019, redistribuíndo o crédito previsto na dita orde para a anualidade 2020 da seguinte maneira:

Aplicación de orixe

Proxecto de orixe

Aplicación de destino

Proxecto de destino

Importe

15.02.723A.772.5

2016 269

15.02.723A.772.6

2016.272

85.000,00 €

15.02.723A.772.5

2016 269

15.02.723A.772.2

2016.271

115.000,00 €

Segundo. Ampliación do crédito orzamentario

Amplíase o importe dos créditos correspondentes á anualidade 2020, destinados ás axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 12 de decembro de 2019, nas seguintes contías e aplicacións orzamentarias:

Crédito

Modalidade
de axuda

Aplicación orzamentaria

Proxecto

Ano 2020

Ano 2021

Total

Inicial

Modalidade A

15.02.723A.772.2

2016 271

4.249.000,00 €

5.751.000,00 €

10.000.000,00 €

Ampliado

Modalidade A

15.02.723A.772.2

2016 271

4.574.000,00 €

5.751.000,00 €

10.325.000,00 €

Inicial

Modalidade C

15.02.723A.772.6

2016 272

15.000,00 €

15.000,00 €

30.000,00 €

Ampliado

Modalidade C

15.02.723A.772.6

2016 272

100.000,00 €

15.000,00

115.000,00 €

Terceiro. Prazo de presentación de solicitudes

Esta ampliación de crédito non dá lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2020

Mª Isabel Concheiro Rodríguez Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar