Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 5 de agosto de 2020 Páx. 31193

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 28 de xullo de 2020 pola que se publica a redistribución e a ampliación do crédito da Orde do 12 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para investimentos produtivos, incremento da eficiencia enerxética e fomento da reconversión das empresas acuícolas a fontes de enerxía renovables, e para a obtención de servizos de asesoramento de carácter técnico, científico, xurídico, ambiental ou económico no ámbito da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se procede á súa convocatoria para o ano 2020, tramitado como expediente anticipado de gasto (código de procedemento PE205F).

O 27 de decembro de 2019 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 12 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para investimentos produtivos, incremento da eficiencia enerxética e fomento da reconversión das empresas acuícolas a fontes de enerxía renovables, e para a obtención de servizos de asesoramento de carácter técnico, científico, xurídico, ambiental ou económico no ámbito da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se procede á súa convocatoria para o ano 2020, tramitado como expediente anticipado de gasto (código de procedemento PE205F).

A mencionada orde establece no seu artigo 3.2 que se poderá ampliar o importe fixado na convocatoria no caso de que exista crédito dispoñible derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, de remanentes doutras convocatorias ou en calquera dos casos e coas condicións establecidas no número 2 do artigo 30 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia (Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro), sen que iso dea lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes, salvo indicación expresa en contrario na orde que se publique para o efecto.

A Orde do 12 de decembro de 2019 ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva das axudas destinadas ás seguintes accións:

1. Modalidade A: axudas destinadas á realización de actuacións que teñen por obxecto o fomento dunha acuicultura sustentable desde unha perspectiva ambiental, socialmente responsable, baseada no coñecemento e competitiva (artigo 48, letras a), b), c), d), f) e h) do Regulamento (UE) nº 508/2014):

2. Modalidade B: axudas destinadas a investimentos que aumenten a eficiencia enerxética e fomenten a reconversión das empresas acuícolas a fontes de enerxía renovables (artigo 48 letra k) do Regulamento (UE) nº 508/2014).

3. Modalidade C: axudas destinadas á obtención de servizos de asesoramento de carácter técnico, científico, xurídico, ambiental ou económico, co fin de mellorar o rendemento global e a competitividade das explotacións acuícolas e reducir o impacto ambiental negativo do seu funcionamento (artigo 49 letra b) do Regulamento (UE) nº 508/2014).

O crédito inicial previsto no artigo 3 da orde é o que a continuación se detalla:

Aplicación orzamentaria

Modalidade de axuda

Ano 2020

Ano 2021

Total

15.02.723A.772.2

Modalidade A

4.249.000,00 €

5.751.000,00 €

10.000.000,00 €

15.02.723A.772.5

Modalidade B

200.000,00 €

200.000,00 €

400.000,00 €

15.02.723A.772.6

Modalidade C

15.000,00 €

15.000,00 €

30.000,00 €

Rematado o prazo de presentación de solicitudes da convocatoria compróbase que non se presentou ningunha solicitude na modalidade B e que o crédito inicial da anualidade 2020, das modalidades A e C, resulta insuficiente para atender todas as solicitudes presentadas.

En consecuencia, cómpre realizar unha redistribución do crédito dos importes correspondentes á anualidade 2020 da aplicación orzamentaria 15.02.723A.772.5 da modalidade B, ás aplicacións orzamentarias 15.02.723A.772.2 e 15.02.723A.772.6 das modalidades A e C.

En consecuencia, e segundo o establecido no artigo 30.2.a) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, ao existir dispoñibilidade de crédito procedente dunha ampliación, cómpre incrementar a contía máxima do orzamento destinado ás axudas que poderán ser concedidas nas modalidades A e C ao abeiro da referida Orde do 12 de decembro de 2019, coa finalidade de conceder as subvencións ao maior número de beneficiarios posibles.

Por todo o exposto, e de acordo co disposto no artigo 27.15 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, oído o sector interesado, en virtude das competencias que ten atribuída a Consellería do Mar en materia de acuicultura, e no exercicio das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único

1. Modifícase o crédito destinado ás axudas convocadas na Orde do 12 de decembro de 2019, redistribuíndo o crédito previsto na dita orde para a anualidade 2020 da seguinte maneira:

Aplicación de orixe

Proxecto de orixe

Aplicación de destino

Proxecto de destino

Importe

15.02.723A.772.5

2016 269

15.02.723A.772.6

2016.272

85.000,00 €

15.02.723A.772.5

2016 269

15.02.723A.772.2

2016.271

115.000,00 €

2. Amplíase o importe dos créditos correspondentes á anualidade 2020, destinados ás axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 12 de decembro de 2019, nas seguintes contías e aplicacións orzamentarias:

Crédito

Modalidade de axuda

Aplicación orzamentaria

Proxecto

Ano 2020

Ano 2021

Total

Inicial

Modalidade A

15.02.723A.772.2

2016 271

4.249.000,00 €

5.751.000,00 €

10.000.000,00 €

Ampliado

Modalidade A

15.02.723A.772.2

2016 271

4.574.000,00 €

5.751.000,00 €

10.325.000,00 €

Inicial

Modalidade C

15.02.723A.772.6

2016 272

15.000,00 €

15.000,00 €

30.000,00 €

Ampliado

Modalidade C

15.02.723A.772.6

2016 272

100.000,00 €

15.000,00

115.000,00 €

Esta ampliación non dá lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Esta orde producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2020

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar