Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 4 de agosto de 2020 Páx. 31106

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 324/2019).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 324/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Vanesa Ces Rivas contra Óscar Pérez López, S.L., sobre ordinario, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social, citar a Óscar Pérez López, en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 15 de outubro de 2020, ás 11.00 horas, na oficina xudicial deste xulgado e, se for o caso, na planta baixa, sala 3, edificio da rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo, respectivamente, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que tente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia. Así mesmo, fáiselle saber que ten á súa disposición neste xulgado a demanda e a documentación unida a esta, así como as resolucións recaídas ata o momento.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Óscar Pérez López, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza