Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 4 de agosto de 2020 Páx. 31107

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de declaración de insolvencia (ETX 5/2020).

ETX execución de títulos xudiciais 5/2020

Procedemento orixe: PO procedemento ordinario 787/2017

Sobre ordinario

Declaración de insolvencia

Eu, Mª Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 5/2020, por instancia de José Mª Iglesias Pampín, contra a executada Mª Filomena Pérez Domínguez, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 13 de xullo de 2020 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total, por importe de 2.616,38 euros de principal, máis 589,94 euros en concepto de xuros de mora, máis 320,63 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E, de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza