Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 3 de agosto de 2020 Páx. 30385

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 763/2017).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 763/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Horacio Montero Morales contra Juan Carlos Suárez Martínez, se ditou a seguinte resolución:

«Providencia da maxistrada xuíza Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2020.

Visto o aprazamento acordado no presente procedemento para a celebración de xuízo oral e a data en que viña sinalado o xuízo suspendido, e tendo en conta a súa natureza, o número de partes intervenientes e a duración previsible da vista, así como das demais vistas fixadas para o mesmo día:

De conformidade co sinalado no Acordo da Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial do 23 de maio de 2020 polo que se alza a partir do 4 de xuño de 2020 a suspensión de prazos e actuacións procesuais –que viña establecida conforme a disposición adicional segunda do Real decreto 463/2020 de declaración do estado de alarma e as súas prórrogas–, e de conformidade co sinalado no Protocolo do 11 de maio de 2020, da Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial, para a elaboración dos plans de reanudación da actividade xudicial, e o Protocolo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, aprobado polo Pleno da Sala de Goberno en sesión do 29 de maio de 2020, para a coordinación das axendas de sinalizacións nos órganos xudiciais do ámbito do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e tendo en conta as limitacións de aforamento da sede xudicial deste xulgado e da sala de vistas deste xulgado fixadas pola Administración prestacional, así como as necesidades de separación temporal entre as sinalizacións –para os labores de hixienización, ventilación e limpeza das salas, e evitar a superación dos aforamentos fixados–, e limitacións horarias do uso das salas de vistas, resulta necesario reprogramar e efectuar nova sinalización de xuízo oral nas presentes actuacións.

Polos motivos expostos, sinálase para a celebración dos actos de conciliación e xuízo no presente procedemento o día 3.11.2020, ás 11.20 horas, o acto de conciliación, e ás 11.25 horas, o xuízo oral.

Notifíquese ás partes a presente resolución e efectúese a citación de partes, testemuñas e peritos que viñer acordada en autos para a nova data e hora indicadas.

E, igualmente, fágase saber ás partes que, co fin de garantir a axilidade das vistas, poden presentar a documental e informes periciais por vía LexNet previamente ao acto do xuízo oral.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Juan Carlos Suárez Martínez, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios do xulgado.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza