Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 3 de agosto de 2020 Páx. 30387

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 222/2019).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 222/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángela Santiago Vázquez contra María Pilar Pájaro Castelao, Fogasa sobre ordinario, se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza, Marina Pilar García de Evan.

En Santiago de Compostela o vinte e nove de xuño de dous mil vinte.

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar a executada María Pilar Pájaro Castelao en situación de insolvencia total por importe de 12.437,23 euros en concepto de principal (9.703,74 euros en concepto de horas extra, salarios debidos e vacacións non satisfeitas, e 2.733,49 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 ET), máis outros 1.243,72 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá, para todos os efectos, como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente (artigo 188 LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva para efectos publicitarios a declaración de insolvencia da executada María Pilar Pájaro Castelao, procédase á súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza