Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 28 de xullo de 2020 Páx. 29789

V. Administración de xustiza

Xulgado de Instrución número 3 de Lugo

EDICTO (1/2019).

Xulgado de Instrución número 3 de Lugo.

Liquidación de sociedade de gananciais 1/2019.

Edicto.

Cédula de notificación.

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Dilixencia de ordenación.

Sr. letrado de la Administración de xustiza.

Gonzalo Lobato Andrés.

En Lugo, seis de xullo de dous mil vinte.

O anterior exhorto sen cumprir do Servizo Común de L´Hospitalet de Llobregat únase.

Á vista de non ter podido notificar ao demandado a presente demanda, logo de intentalo nos domicilios encontrados na indagación domiciliaria realizada, acórdase:

1. Notificarlle esta a través de edictos.

2. Sinalar para a formación de inventario o próximo día 29 de setembro de 2020, ás 10.00 horas na secretaría deste xulgado.

3. Citar as partes para a formación do inventario, coas prevencións seguintes:

– As partes haberán de comparecer á formación de inventario asistidas de avogado.

– As partes deberán concorrer á formación de inventario por si mesmas, con apercibimento de que se algún dos cónxuxes e sen mediar causa xustificada, non comparecese o día sinalado, se lle terá por conforme coa proposta de inventario que efectúe o cónxuxe que comparecese, consignándose na acta e dando por precluido o acto.

– Se, despois de comparecer ambos os dous cónxuxes, chegasen a un acordo, consignarase este na acta e darase por precluído o acto.

– Se se suscitase controversia sobre a inclusión ou exclusión dalgún concepto no inventario ou sobre o importe de calquera das partidas, citaranse os interesados a unha vista, continuando a tramitación conforme o previsto para o xuízo verbal.

Modo de impugnación: recurso de reposición no prazo de cinco (5) días, desde a súa notificación, ante o letrado da Administración de xustiza que a dita.

Así o acordo e asino. Dou fe.

O letrado da Administración de xustiza».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Manuel Lage Vega, esténdese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Lugo, 6 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza