Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 28 de xullo de 2020 Páx. 29791

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 14 de xullo de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 189/2020, fronte á desestimación do recurso de alzada formulado contra a Resolución do 7 de outubro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017, para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, pola que se eleva a definitivo o baremo das puntuacións da fase de concurso (Diario Oficial de Galicia número 69, do 7 de abril).

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 189/2020, fronte á desestimación do recurso de alzada formulado contra a Resolución do 7 de outubro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017, para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, pola que se eleva a definitivo o baremo das puntuacións da fase de concurso (DOG núm. 69, do 7 de abril).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos na referida sala no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública