Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 27 de xullo de 2020 Páx. 29693

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadeo

ANUNCIO das bases reguladoras de acceso a un posto de técnico/a de medio ambiente.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo do 2 de xullo de 2020 publícanse integramente as bases reguladoras do acceso a un posto de funcionario desta entidade, técnico/a de medio ambiente.

De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios realizaranse no BOP de Lugo e no taboleiro de anuncios do Concello de Ribadeo, así como na sede electrónica da web municipal: www.ribadeo.gal

Ribadeo, 2 de xullo de 2020

Fernando Suárez Barcia
Alcalde