Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 27 de xullo de 2020 Páx. 29692

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Gondomar

ANUNCIO da exposición pública da delimitación do solo do núcleo rural do Mosteiro, Donas.

De conformidade co disposto no artigo 78.2.a) da Lei do solo de Galicia, do 10 de febreiro, exponse á información pública o expediente de delimitación do ámbito do núcleo rural do Mosteiro, na parroquia de Donas, deste termo municipal, subscrito pola arquitecta Delia Prado Figueroa e incoado por petición da Concellería de Urbanismo.

O expediente sométese á información pública polo prazo de dous (2) meses, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal se poderá examinar na sede electrónica do Concello de Gondomar (https://concellodegondomar.sedelectronica.gal/info.0) e na páxina web (www.concellodegondomar.org), así mesmo, poderase examinar no Negociado de Urbanismo, das 9.00 ás 13.30 horas de oficina, para formular as alegacións e observacións que se consideren procedentes.

Gondomar, 18 de xuño de 2020

O alcalde
P.D. (Resolución Alcaldía 5.7.2019)
Iria Lamas Salgueiro
Concelleira de Urbanismo