Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 27 de xullo de 2020 Páx. 29690

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para completar e reaxustar rasantes na esquina da avenida Lamadosa coa rúa Jerónimo Vázquez Franco, A Coruña (expediente 631/2019/177).

O Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o 2 de xullo de 2020, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Desestimar as alegacións formuladas ao estudo de detalle baseándose nos argumentos e criterios sinalados no informe técnico-xurídico municipal do 17 de xuño de 2020, reproducidos no punto II do informe proposta do 22 de xuño de 2020.

Segundo. Aprobar definitivamente o documento do estudo de detalle para completar e reaxustar rasantes na esquina da avenida de Lamadosa coa rúa Jerónimo Vázquez Franco. Xuño 2020, redactado polos arquitectos Mateo Miyar Olaiz, co número de colexiado do COAG 2565, e Gonzalo Serantes Conchado, co número de colexiado do COAG 1525, e promovido por Construcciones Atocha 2006, S.L.

Terceiro. Ordenar a publicación e realización dos trámites administrativos recollidos nos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e concordantes do regulamento de desenvolvemento desta, para procurar a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do estudo de detalle aprobado.

Cuarto. Notificar este acordo ao promotor e ás áreas municipais interesadas na tramitación do expediente.

O contido íntegro do estudo de detalle aprobado pódese consultar nas dependencias municipais de Urbanismo, na páxina web de Urbanismo do Concello https://www.coruna.gal/urbanismo, na epígrafe «Planeamento/planeamento vixente» ou ben, desde a mesma web, a través do visor «Desenvolvemento do planeamento».

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei do solo de Galicia e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo de dous (2) meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

A Coruña, 10 de xullo de 2020

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3829/2019; BOP núm. 124, do 3 de xullo)
Juan Manuel Díaz Villoslada
Concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade