Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 27 de xullo de 2020 Páx. 29694

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Asociación Ambiental e Cultural Petón do Lobo

ANUNCIO de convocatoria de reunión.

Convócanse a unha reunión as asociacións naturalistas e ecoloxistas interesadas, de ámbito provincial ou autonómico de Galicia e inscritas como tales no rexistro correspondente, para a elección da súa representación por acordo entre elas, no seo dos comités provincias de caza e do Comité Galego de Caza.

A reunión terá lugar o día 5 de setembro de 2020, na Casa de Baixo, lugar de Castro Alfonsín 7, Santiago de Saa, 27188 (Lugo), ás 11.30 horas, en primeira convocatoria, e ás 12.00 horas, en segunda convocatoria. Do resultado redactarase a acta que será comunicada aos órganos da Xunta de Galicia con competencias en materia de caza, para os efectos dos artigos 56.2.e) e 59.1.g) do Decreto 284/2001, do 11 de outubro. As asociacións interesadas deberán acreditar a súa representación e os requisitos exixidos na normativa, para os efectos da validez do acordado.

Convocan: a Asociación Cultural-Ecolóxica Ridimoas, Callejeritos Colonias Sin Hogar (ámbito provincial).

A Asociación Galega Cova Crea, a Asociación Ambiental Petón do Lobo, Ecoloxistas en Acción Galicia (ámbito autonómico).

A Coruña, 6 de xullo de 2020

Ismael López Pérez
Presidente da Asociación Ambiental e Cultural Petón do Lobo