Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 27 de xullo de 2020 Páx. 29614

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO de recurso contencioso-administrativo (PO 4086/2020).

No presente órgano xudicial interpúxose recurso contencioso-administrativo número 4086/2020, en nome e representación de M.C.S., contra a Orde do 5 de febreiro de 2020, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, sobre aprobación de Plan xeral de ordenación municipal de Ares (A Coruña).

Polo que, en cumprimento da dilixencia de ordenación con data de hoxe e do establecido no artigo 47.2 da LXCA, se concede un prazo de quince días para a comparecencia dos que teñan interese lexítimo en soster a conformidade a dereito da disposición, acto ou conduta impugnados.

A Coruña, 6 de xullo de 2020

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza