Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 27 de xullo de 2020 Páx. 29612

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 15 de xullo de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e A Barbanza, polo que se dá publicidade da resolución da mesma data pola que se convoca a provisión de dous postos de xefe/a da Sección de Persoal de Xestión e Servizos da Subdirección de Sistemas e Tecnoloxías da Información.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como na Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; pola Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril), de delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, e polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema Público de Saúde de Galicia, a xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e A Barbanza,

RESOLVE:

Primeiro. Proceder ao anuncio da convocatoria para cubrir, mediante o procedemento de concurso de méritos, a provisión dos dous postos de xefe/a da Sección de Persoal de Xestión e Servizos da Subdirección de Sistemas e Tecnoloxías da Información da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e A Barbanza que se indican no anexo.

Segundo. As solicitudes para participar na presente convocatoria xunto coa documentación a que se refiren as súas bases presentaranse, dirixidas á Xerencia da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e A Barbanza, no Rexistro Xeral da devandita área, situado na travesía da Choupana, s/n, 15706 Santiago de Compostela, ou a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios dos centros dependentes da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e A Barbanza, nos puntos de atención ao traballador (PAT) da Dirección de Recursos Humanos, na intranet da Área Sanitaria de Santiago de Compostela, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2020

Eloína Núñez Masid
Xerente da Área Sanitaria de Santiago
de Compostela e A Barbanza

ANEXO

Posto

Centro

Nº de prazas

Xefe/a da Sección de Xestión de Microinformática e Medios Audiovisuais da Subdirección de Sistemas e Tecnoloxías da Información

Área Sanitaria de Santiago de Compostela e A Barbanza

1

Xefe/a da Sección da Área Funcional de Xestión e Implantación de Aplicacións da Subdirección de Sistemas e Tecnoloxías da Información

Área Sanitaria de Santiago de Compostela e A Barbanza

1