Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 27 de xullo de 2020 Páx. 29609

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos vacantes de supervisor/a de área.

Mediante a Resolución do 6 de marzo de 2020 (DOG núm. 52, do 16 de marzo) convocáronse para a súa provisión, polo sistema de libre designación, varios postos vacantes de supervisor/a de área.

De acordo co disposto nas bases da convocatoria, logo do informe da Dirección de Enfermaría ao cal se fai referencia na base quinta, esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia; polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de varios postos vacantes de supervisor/a de área, anunciados pola Resolución do 6 de marzo de 2020 (DOG núm. 52, do 16 de marzo).

Segundo. Nomear nos postos que se indican as persoas que se citan no anexo desta resolución.

Terceiro. Os profesionais nomeados deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisorio ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada da persoa interesada, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados pola Xerencia da Área Sanitaria.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular e será declarado nesa situación polo órgano competente quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra esta resolución poderá interporse recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos previstos nos artigos 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 16 de xullo de 2020

Félix Rubial Bernárdez
Xerente da Área Sanitaria de Ourense,
Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Posto: Supervisión da Área de Hospitalización Médica.

Nome e apelidos: Inés Carcacía Vázquez.

DNI (*): ***9256**.

Posto: Supervisión da Área de Hospitalización Cirúrxica.

Nome e apelidos: Alberto González González.

DNI (*): ***9022**.

Posto: Supervisión da Área de Servizos Centrais.

Nome e apelidos: María Nieves Pascual Carballo.

DNI (*): ***2005**.

Posto: Supervisión da Área Materno-Infantil.

Nome e apelidos: Estrella Pérez Conde.

DNI (*): ***7292**.

Posto: Supervisión da Área de Rehabilitación.

Nome e apelidos: Rosa María González Lázaro.

DNI (*): ***3391**.

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.