Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 27 de xullo de 2020 Páx. 29607

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol, pola que se resolve a convocatoria pública do 23 de marzo de 2020 para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de coordinador/a do Servizo de Atención Primaria-Caranza.

Unha vez convocada mediante a Resolución LD-02/2020, do 23 de marzo (DOG núm. 69, do 8 de abril), a provisión dun posto de coordinador/a do Servizo de Atención Primaria-Caranza, polo sistema de libre designación, a Xerencia da área sanitaria, en vista da solicitude e dos méritos acreditados pola aspirante, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como no artigo 3 da Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Sergas; polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 do outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema Público de Saúde de Galicia, e pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de coordinador/a do Servizo de Atención Primaria-Caranza, realizada mediante a Resolución LD-02/2020, do 23 de marzo (DOG núm. 69, do 8 de abril).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa relacionada no anexo á presente resolución.

Terceiro. De conformidade coa base oitava da convocatoria, o/a candidato/a nomeado/a será avaliado/a, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da supervisión, por idéntico período de tempo, ou proceder á súa remoción.

Cuarto. O réxime de cesamento na praza de orixe e de toma de posesión da praza adxudicada será o establecido no artigo 27 da Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Contra a presente resolución poderá interporse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ferrol, 14 de xullo de 2020

Ángel José Facio Villanueva
Xerente da Área Sanitaria de Ferrol

ANEXO

Posto de traballo: coordinador/a do Servizo de Atención Primaria-Caranza.

Nome e apelidos: María del Mar Otero Armentía.

DNI: ***2644**.