Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 24 de xullo de 2020 Páx. 29285

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se redistribúen as dotacións orzamentarias da Resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria no ano 2020.

Mediante a Resolución do 19 de decembro de 2019 establecéronse as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero, no ano 2020.

Trátase das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento dos seguintes programas:

a) Programa de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar (procedemento SI435B), financiado co PO FSE Galicia 2014-2020.

b) Programa de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento da violencia de xénero (procedemento SI435A), financiado co PO FSE Galicia 2014-2020.

c) Programa de apoio aos centros de información ás mulleres (procedemento SI427B), financiado co PO FSE Galicia 2014-2020.

d) Programa de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres (procedemento SI435C), financiado con fondos procedentes do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Esta convocatoria tramitouse como expediente anticipado de gasto, ao abeiro do disposto no artigo 1 da Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto (DOG núm. 34, do 19 de febreiro), modificada pola Orde do 27 de novembro de 2000 (DOG núm. 209, do 29 de novembro) e pola Orde do 25 de outubro de 2001 (DOG núm. 201, do 29 de outubro), ao existir crédito axeitado e suficiente para este fin no proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 17 de outubro de 2019.

De acordo co establecido no artigo 2 da convocatoria, o crédito destinado ao financiamento destas axudas é o seguinte:

Aplicación

Cód. de proxecto

Importe 2020

Importe 2021

Total

05.11.312G.460.1

2016 00018

800.000

--

800.000

05.11.313B.460.0

2015 00144

3.366.766

1.470.000

4.836.766

05.11.313D.460.1

2018 00112

800.000

--

800.000

Total

4.966.766

1.470.000

6.436.766

Mediante a Resolución do 6 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade (DOG número 138, do 13 de xullo de 2020), publicouse a Resolución pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 19 de decembro de 2019, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria no ano 2020.

O incremento da dotación foi de 215.051,77 € euros na anualidade 2020 con cargo á aplicación orzamentaria 05.11.312G.460.1 (código de proxecto 2016.00018) do Programa de conciliación (SI435B) consignada no estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, que queda do seguinte xeito:

Aplicación orzamentaria

Crédito inicial

Ampliación

Crédito total

05.11.312G.460.1

800.000,00

215.051,77

1.015.051,77

O crédito dispoñible para atender as axudas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade convocadas no ano 2020 quedou establecido en 6.651.817,77 euros, coa seguinte distribución por aplicación orzamentaria:

Aplicación

Proxecto

Crédito inicial anualidade 2020

Crédito anualidade 2021

Ampliación anualidade 2020

Total

05.11.312G.460.1

2016.00018

800.000,00

--

215.051,77

1.015.051,77

05.11.313B.460.0

2015.00144

3.366.766,00

1.470.000,00

--

4.836.766,00

05.11.313D.460.1

2018.00112

800.000,00

0,00

--

800.000,00

Total

4.966.766,00

1.470.000,00

215.051,77

6.651.817,77

Ao existiren remanentes na mesma convocatoria noutro programa na aplicación orzamentaria 05.11.313B.460.0, código do proxecto 2015 00114 (procedemento SI427B), e coa finalidade de poder amparar un maior número de solicitudes presentadas e que cumpren cos requisitos exixidos, estímase conveniente ampliar a dotación orzamentaria consignada para a anualidade 2020, para os programas de fomento da conciliación e de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, a través dos supostos previsto na letra b) do artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como no artigo 2.3 da Resolución do 19 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria no ano 2020.

De conformidade cos ditos preceptos regulamentarios, o órgano concedente debe publicar a ampliación de crédito nos mesmos medios que a convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

En consecuencia co exposto, de acordo co previsto no Decreto 74/2018, do 5 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, correspóndelle á Secretaría Xeral da Igualdade, como órgano superior da Administración autonómica en materia de igualdade, entre outras, impulsar as actuacións conducentes á promoción da igualdade e á eliminación da discriminación entre mulleres e homes, así como á eliminación da violencia de xénero nos termos establecidos na Constitución, no Estatuto de autonomía de Galicia, no Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, e na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e na demais lexislación aplicable na materia, correspóndelle á Secretaría Xeral da Igualdade a aprobación das bases, da convocatoria e as resolucións en materia de axudas e subvencións, así como a administración dos créditos para gastos do seu respectivo ámbito de competencia.

DISPOÑO:

Artigo único

1. Redistribúese a dotación orzamentaria na anualidade 2020 prevista no artigo 2.1 da Resolución do 19 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria no ano 2020.

2. Increméntase a dotación do Programa de conciliación da vida familiar, laboral e persoal (SI435B) de 205.298,61 euros con cargo a aplicación orzamentaria 05.11.312G.460.1 código do proxecto 2016 00018 (procedemento SI435B), consignada no estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.

3. Increméntase a dotación do Programa de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero (SI435A), por un importe de 46.161,38 euros con cargo a aplicación orzamentaria 05.11.313B.460.0 e proxecto de gasto 2015 00144 (procedemento SI435A), consignada no estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.

4. Minórase a dotación orzamentaria do Programa de apoio aos CIM (SI427B) na anualidade 2020 con cargo a aplicación orzamentaria 05.11.313B.460.0 e proxecto de gasto 2015 00144 (procedemento SI427B), consignada no estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.

O crédito dispoñible para atender as axudas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade convocadas no ano 2020 quedaría así establecido en 6.651.817,77 euros, coa seguinte distribución por aplicación orzamentaria:

Aplicación

Proxecto

Crédito inicial anualidade 2020

Crédito anualidade 2021

Ampliación anualidade 2020

Total

05.11.312G.460.1

2016.00018

1.015.051,77

--

205.298,61

1.220.350,38

05.11.313B.460.0

2015.00144

3.161.467,39

1.470.000,00

--

4.631.467,39

05.11.313D.460.1

2018.00112

800.000,00

--

--

800.000,00

Total

4.976.519,16

1.470.000,00

205.298,61

6.651.817,77

5. Esta redistribución de crédito non afecta o prazo de presentación de solicitudes establecido no artigo 11.1 da Resolución do 19 de decembro de 2019 nin supón o inicio dun novo cómputo do prazo para resolver.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2020

A secretaria xeral de Igualdade
P.D. (Resolución do 8.6.2020, DOG núm. 111, do 9.6.2020)
Natalia Prieto Viso
Directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa