Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 22 de xullo de 2020 Páx. 29040

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ortigueira (expediente-e IN407A 2019/253-1).

Expediente-e: IN407A 2019/253-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Instalación: substitución do CTC Fieira (15CV21) polo CTI, no lugar de Fieira.

Concello: Ortigueira.

Feitos:

1. O 30 de decembro de 2019, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da dita instalación de distribución eléctrica.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

– Acordo de información pública: 6 de febreiro de 2020.

– DOG: 28 de febreiro de 2020.

– BOP: 12 de febreiro de 2020.

– Xornal La Voz de Galicia: 18 de febreiro de 2020.

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo o certificado municipal do Concello de Ortigueira con data do 20 de xuño de 2020 en que sinala que ten habilitada na súa sede electrónica unha plataforma na internet que conta cun taboleiro de anuncios virtual.

3. Durante o período en que se someteu o proxecto ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación ou suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Ortigueira. A día de hoxe, non consta no expediente resposta do organismo afectado, a saber, o concello, á solicitude nin á reiteración do condicionado solicitado.

5. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a solicitude de autorización.

Consideracións legais e técnicas:

1. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE número 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE número 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE número 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE número 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE número 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE número 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE número 246, do 14 de outubro).

– Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG número 22, do 1 de febreiro).

– Decreto 146/2016, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG número 217, do 14 de novembro).

– Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG número 18, do 25 de decembro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE número 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE número 160, do 20 de xuño).

2. Características técnicas:

– Actuación 1: liña de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,056 km, coa orixe no apoio número 45-23 existente da LMT MEA808 (expediente 31.405), onde se realiza a derivada ao CT Seixidal (expediente 131/98), condutor tipo LA-56 e remate no apoio número 45-25 existente da LMT MEA808 (expediente 31.405), no treito entre o CT Fieira (expediente IN407A 2016/774-1) a retirar e a derivada ao CT A Serra (expediente 079/98).

– Actuación 2: liña de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,012 km, coa orixe no apoio número 45-23-1 existente da LMT MEA808 (expediente 131/98), no treito da derivada ao CT Seixidal (expedinte 131/98), condutor tipo LA-56 e remate no novo CT intemperie Fieira proxectado.

– Centro de transformación (CT) intemperie Fieira de 50 kVA e relación de transformación de 20.000/400 V.

– Demolición da caseta de obra civil do CT Fieira (expediente IN407A 2016/774-1) e desmontaxe dos elementos existentes no seu interior.

3. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume sinaladas no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas para a montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 2 de xullo de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña